PRIETO

Ilux © 2012

FERNANDO PRIETO LÓPEZ

Naceu en A Coruña. Dende moi pequeno manifestou a súa inclinación cara ao debuxo e a pintura, participando á idade de 13 anos na súa primeira exposición, nunha sala do Concello de Ferrol. Realizou estudos de perito mercantil, sen abandonar nunca a súa gran paixón, a pintura. Aurelio Lombera concedeulle unha bolsa na súa academia de Pintura onde, durante cinco anos, compartiu clases con Rogelio Puente e outros destacados pintores coruñeses. Posteriormente, asistiu outros cinco anos ao estudio de Vidal Lombán, pintor ourensán afincado en A Coruña. 

A súa pintura é realista, pero mais aló da mera diversión plástica, a súa intención é trasladar ao espectador dende os obxectos e as figuras humanas a outra profundidade. As mans, os zapatos vellos, as froitas, as prendas de vestir..., represéntanse de forma hiperrealista, pero perden o seu significado real para alcanzar a magnitude sensorial. Detrás do Hiperrealismo Subxectivo que define Prieto, existe un certo surrealismo, que se apoia en imaxes-símbolo que transcende a aparencia dos obxectos para transportarnos a un mundo onírico e poético, elixindo unha vía de traballo semellante á proposta por Magritte.

A súa obra forma parte de numerosas coleccións públicas y privadas, tanto en España como en Estados Unidos. Entre as institucións públicas destacan a Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, a Delegación do Goberno en Galicia (A Coruña), a Deputación de A Coruña, o Concello de A Coruña, Dirección Xeral de Caixa Galicia (A Coruña), Presidencia do Banco de Comercio (Madrid), Dirección Xeral do Banco de Comercio (Madrid), Dirección Xeral de BBVA (Bilbao), Dirección Zona do BBVA (Vigo), Dirección Zona do BBVA (Pontevedra), Fundación Jove e a Colección Caixa Galicia (A Coruña).

 
 
ENGLISH ESPAÑOL